Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (613/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de César Valeiras Jiménez contra Newco Airports Services, S.A., Francisco Javier Ramos Benito, Juan Rafael Rial Souto, Comisión de Seguimento do ERE, Fondo de Garantía Salarial, Severino Mallo Neto, Fernando Pombo Mallo, Aeropuertos Españoles y Navegacion Aérea (AENA), e os administradores concursais Antonia Magdaleno Carmona e Pedro Trotosa Mondéjar, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 613/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Newco Airports Services, S.A., e a Comisión de Seguimento do ERE, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 27 de febreiro de 2017, ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Newco Airports Services, S.A., e a Comisión de Seguimento do ERE, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza