Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1194/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1194/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo:

Que estimo integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a mercantil Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que aboe a Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 189,31 euros, incluída recarga do 20 % por mora. Sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yesos y Escayolas J. Liste, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza