Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (293/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 293/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Mercedes Barreiro López, César Silva Barreiro, José Antonio Silva Barreiro contra a empresa C&E Congresos y Exposiciones, S.L., Solventia Administradores Concursales, S.L.P., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo:

Que estimo integramente a demanda interposta Mercedes Barreiro López e os seus fillos César Silva Barreiro e José Antonio Silva Barreiro, este último menor representado pola súa nai Mercededes Barreiro López, sucesores do demandante Juan Antonio Silva Barreiro, asistidos pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, contra a mercantil C&E Congresos y Exposiciones, S.L., Solventia Concursales, S.L.P., e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os que non compareceron malia constar debidamente citados, en consecuencia, condeno as entidades demandadas a que aboen á parte demandante a cantidade de 8.893,61 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento desta.

Debo de absolver e absolvo a Fondo de Garantía Salarial dos pedimentos da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a C&E Congresos y Exposiciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza