Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5206

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 27 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 (II Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 330926.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos en que non persigan a obtención de beneficios.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á dita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 27 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 (II Piloto industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7706 por un importe de 1.470.000 € con cargo ao exercicio 2017 e de 2.380.000 € con cargo ao exercicio 2018; e con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7820 por un importe de 30.000 € con cargo ao exercicio 2017 e de 120.000 € con cargo ao exercicio 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses e comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica