Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5547

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertido erro na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro de 2017, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 5353, no artigo 10 onde di: «1. Para a concesión dos premios á cooperación actuará como tribunal a comisión permanente do Consello Galego de Cooperativas, que emitirá proposta razoada sobre as candidaturas segundo os criterios sinalados nos artigos 5, 6 ou 6 segundo corresponda», debe dicir: «1. Para a concesión dos premios á cooperación actuará como tribunal a comisión permanente do Consello Galego de Cooperativas, que emitirá proposta razoada sobre as candidaturas segundo os criterios sinalados nos artigos 5, 6 ou 7 segundo corresponda».