Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio, que no procedemento de xuízo ordinario 1202/2015 B seguido por instancia de Rogelio Díaz Fernández fronte a Josefa Fernández Neira, Kenneth John Clarke se ditou sentenza en data do 12 de decembro de 2016.
E, encontrándose o demandado, Kenneth John Clarke, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma, e indícase que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, co fin de ter coñecemento íntegro do acto; fáiselle saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de vinte días hábiles.
A Coruña, 16 de decembro de 2016
A letrado da Administración de xustiza