Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de exequátur 1119/2011-P, seguido perante este xulgado entre partes, como demandante, Nelly Johana Reyes Quintero, representada polo procurador Sr. Soaje Renard e defendida polo letrado Alejandro de la Cuesta Martín e, como demandado, Hernando Gómez Guerrero, nos cales se ditou o seguinte:
«Auto:
Xuíza: Rosa María López Barral.
Vigo, 13 de abril de 2016.
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).
Parte dispositiva.
Acordo:
1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur, representada polo procurador Javier Soaje Renard, en nome e representación de Nelly Johana Reyes Quintero, contra Hernando Gómez Guerrero, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a Sentenza ditada con data do 22 de maio de 2001 polo Xulgado Primeiro de Familia de Bucaramanga (Colombia), en que se declara o divorcio.
Unha vez notificada a esta resolución, anótese no Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.
Así o acorda e asina S.S. Dou fe».
Ao encontrarse o dito demandado, Hernando Gómez Guerrero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Vigo, 12 de xaneiro de 2017
A letrada da Administración de xustiza