Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-17-04.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) notifícaselle a denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, é o director do ente público.

De acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón dun prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, ante o instrutor, citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se xulguen convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC será considerado proposta de resolución.

De reconocer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispón dun prazo máximo de 10 días contados desde a recepción do presente acordo, para, no caso de que non fose vostede o conductor do vehículo na data e hora da denuncia, proceder á súa identificación, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para efectos de notificacións. Responderá persoalmente, cando non sexa posible a dita notificación por causa que lle sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información, ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciada

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-17-04

O-8818-BZ

Garda Civil

Amalia María Fontao Fernández.

Avda. Malecón, nº 26-1º G,

15960 Ribeira

(A Coruña)

Estacionamento prohibido.

3.9.2016; 11.00 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Arts. 17 e 64 da

OM 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90 €