Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto para a contratación da subministración sucesiva do material necesario para a realización do test de análise de sangue oculta en feces TSOF (expediente MS-CON1-16-016).

Este órgano de contratación anuncia a desistencia do procedemento de contratación do expediente MS-CON1-16-016, baseada nun erro manifesto de acordo co establecido no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, baseado nunha infración non emendable das normas de preparación do contrato.

O erro consiste na aplicación incorrecta do tipo impositivo aplicable ao produto obxecto do contrato, de acordo co establecido na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, modificada pola Lei 28/2014, do 27 de novembro.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 19 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (BOE número 28, do 2 de febreiro e DOUE número 2017/S 016-026496, do 24 de xaneiro), tramitado para a contratación da subministración sucesiva do material necesario para a realización do test de análise de sangue oculta en feces TSOF (expediente MS-CON1-16-016).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos