Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras 2015-2020.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 5 de xaneiro de 2017, acordou o seguinte:

Primeiro. Darse por informada da aprobación definitiva, mediante Acordo do 13 de decembro de 2016, adoptado pola Comisión de Seguimento e Coordinación do Programa de vivendas baleiras do Plan Rehavita 2015-2020 Concello de Mugardos, das bases reguladoras, así como dos seus tres correspondentes anexos, segundo a redacción incorporada á acta da dita sesión e remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios municipal, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na sede electrónica municipal. Nestes dous últimos casos, acompañado do texto íntegro das bases, así como dos seus tres correspondentes anexos para a entrada en vigor destas e, consecuentemente, inicio do desenvolvemento do programa citado.

Mugardos, 11 de xaneiro de 2017

Pilar Díaz Otero
Alcaldesa