Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento dun sepultureiro como funcionario de carreira.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2017, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

– Juan Manuel Riveiro Leiro, con DNI 35316100-Z, para ocupar unha praza de sepultureiro de administración especial, encadrada dentro da subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda de promoción interna.

O devandito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, do cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2017

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde