Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6661

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación de un posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante a Resolución do 23 de novembro de 2016, publicada no DOG do 22 de decembro de 2016; á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar o posto a solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas (Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Ourense, 19 de xaneiro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

1. Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria (SAP) de Verín (Ourense).

Adxudicataria: María Concepción García Masid, DNI:*****445Q.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.