Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6663

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Mediante a Resolución do 5 de xullo de 2016 (DOG núm. 145, do 2 de agosto) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión,

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os aspirantes nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006, avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 20 de xaneiro de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a da Unidade de Admisión do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: María José González Lamas.

DNI: *****453Q.

Posto: supervisor/a da Unidade de Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: María Jesús Fernández Cotado.

DNI: *****363E.

Posto: supervisor/a da Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: María José Nieto Montesinos.

DNI: *****832T.

Posto: supervisor/a da Unidade de Quirófano do Hospital de Verín.

Nome e apelidos: Nuria Sueiro Domínguez.

DNI: *****823C.

Posto: supervisor/a da Unidade de Laboratorio do Hospital do Barco de Valdeorras.

Nome e apelidos: María Carmen Santos Rodríguez.

DNI: *****121K.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.