Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6666

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3106/2016).

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3106/2016 desta sección, seguido por instancia de María Pazos Bello contra o Fogasa; Sumtec, S.L.; General Panels, S.L.; Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L.; Admón. Concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que aceptamos en parte o recurso de suplicación formulado por María Pazos Bello contra o Auto do 26.2.2016, do Xulgado do Social número 1 da Coruña, sobre autos nº 647/2015, de incompetencia de xurisdición contra Sumtec; Puertas Blindex, S.L.; General Panels, S.L.; Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., o Fogasa e o administrador concursal de Sumtec, S.L., con revogación parcial da devandita resolución, acordamos repor os autos ao momento de terse ditado a dita resolución para que, con liberdade de criterio e asumindo a competencia propia, se resolva a acción de reclamación de cantidades acumulada, e rexeitamos no resto o recurso formulado mantendo a declaración de incompetencia da xurisdición social para coñecer da acción de resolución de contrato formulada pola parte demandante.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80, en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., con último domicilio coñecido na avda. da Prensa, Polígono industrial de Sabón 55, 15142 Arteixo, A Coruña, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza