Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6672

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4637/2016).

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamento en xeral 648/2015 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Ramón Varela Naya

Avogado: José Nogueira Esmoris

Recorrente: Sumtec, S.L.

Avogado: Antonio Abuín Porto

Procuradora: María Jesús Gandoy Fernández

Recorrido: Fogasa

Recorrida: Puertas Blindex, S.L.

Recorrida: General Panels, S.L. Lugar Larín, Camallóns, 8, 15144 Arteixo

Recorrida: Bianninver Sociedad de Inversiones, S.L. R/ Industrial, O Acevedo, s/n, parc. A1-A2, 15185 Cerceda

Recorrida: Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. R/ San Fernando, 44, 15189 Culleredo.

Recorrida: Admón. Concursal Sumtec (José Carlos Bouza Fernández). Avda. Finisterre, 25, entresollado, 15004 A Coruña

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4637/2016 desta sección, seguido por instancia de Sumtec, S.L., Ramón Varela Naya contra Fogasa, General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Parte dispositiva:

A sala acorda: inadmitir o recurso de suplicación formalizado por Sumtec, S.L. fronte á sentenza do 26 de xaneiro de 2016 ditada nos autos 648/2015 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, e declarar firme a devandita resolución para esa parte, continuando en trámite o recurso de suplicación interposto por Ramón Varela Naya.

Notifíquese a presente ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente, e fágaselle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta no Banco de Santander co nº 1552 0000 30 4640 16.

Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan os maxistrados indicados na marxe. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Puertas Blindex, S.L.., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza