Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6670

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3106/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3106/2016 desta sección, seguido por instancia de María Pazos Bello sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución que estimamos en parte o recurso de suplicación formulado por María Pazos Bello contra o auto de data do 26.2.2016 polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos nº 647/2015 sobre incompetencia de xurisdición contra Sumtec, Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fogasa e Administrador Concursal de Sumtec, S.L. e con revogación parcial da devandita resolución acordamos repoñer os autos ao momento de terse ditado a devandita resolución para que, con liberdade de criterio e asumindo a competencia propia, se resolva a acción de reclamación de cantidades acumulada e, desestimando no resto o recurso formulado, mantense a declaración de incompetencia da xurisdición social para coñecer da acción de resolución de contrato formulada pola parte demandante.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co n.º 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Cconcepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta, nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., con último domicilio coñecido en polígono industrial O Acevedo, s/n, Parcela A1- A2, Cerceda 15185 A Coruña, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza