Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6780

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3313/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3313/2016, seguido por instancia de Rudesindo López Feijoo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Milucho, S.L., a Fremap, a Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, sobre incapacidade permanente, se ditou sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Resolvemos que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación do INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense do 3 de maio de 2016, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorreu.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Milucho, S.L., con último domicilio coñecido en Pista da Armada, Xinzo de Limia (Ourense) e actualmente en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG e advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza