Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (188/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ortigueira o trinta de setembro de dous mil dezaseis.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados co número 188/2015, en que interviñeron, como demandante Manuel Queijo Muíño, asistido do letrado Salvador Fernández Franco e representado pola procuradora María Yolanda Borrás Vigo, e como demandada Dulce María Martínez Casas, declarada en rebeldía procesual, sobre resolución de contrato.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda e debo declarar e declaro a resolución do contrato de vitalicio formalizado mediante escritura pública outorgada con data do 4 de xullo de 2007 ante o notario de Ortigueira, Manuel Cañas Navarro, co número 1.189 do seu protocolo, por incumprimento das obrigas nel asumidas por parte de Dulce María Martínez Casas, e debo condenar e condeno a Dulce María Martínez Casas a se ater a tal declaración. Ordeno a cancelación das inscricións rexistrais contraditorias a que o contrato de referencia puidese dar lugar, así como o conseguinte libramento de mandamento por duplicado para o efecto ao Rexistro da Propiedade de Ortigueira, unha vez que sexa firme a presente sentenza. Con imposición de custas á demandada.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Dulce María Martínez Casas, expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 4 de outubro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza