O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios suscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2016
Convenio |
Importe achegado |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre a Administración Xeral do Estado, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, Sociedade Universal para a construción dun novo enlace na autoestrada AP-9 de acceso a Santiago de Compostela e ao complexo da Cidade da Cultura |
307.246,29 |
4.10.2016 |