Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de empedrado do camiño real entre os núcleos de Melón e A Ponte, Melón.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 32/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=60843

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: empedrado do camiño real entre os núcleos de Melón e A Ponte, Melón (Ourense).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 193.181,14 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 193.181,14 €. Importe total: 233.749,18 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Anllar Mantenimientos y Construcciones, S.L.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 112.842,55 €. Importe total con IVE: 136.539,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio