Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para o tratamento de residuos históricos de pneumáticos fóra de uso existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adjudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 1/2016 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=26989

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: tratamento de residuos históricos de pneumáticos fóra de uso existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90514000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.767.765,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 2.516.150,00 €. Importe total: 2.767.765,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: González Couceiro, S.L.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 2.476.610,50 €. Importe total con IVE: 2.724.271,55 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio