Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2009/702-1 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese que de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2009/702-1.

Acta inf. nº: I152009000193020.

Empresa: José Antonio Ferreira Esa.

NIF: 70800959J.

Concello: Lugo (Lugo).

Materia: seguridade e saúde.

Data da resolución: 29 de decembro de 2016.

2. Expediente: RL 2016/187-1.

Acta inf. nº: I152016000037160.

Empresa: Yusnier Torres Gómez.

NIF: 47387247W.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 17 de novembro de 2016.

3. Expediente: RL 2016/238-1.

Acta inf. nº: I152016000048880.

Empresa: PFA Spril, S.L.

NIF: B48939094.

Concello: Madrid (Madrid)

Materia: obstrución.

Data da resolución: 24 de novembro de 2016.

4. Expediente nº: RL 2016/308-1.

Acta inf. nº: I152016000047264.

Empresa: Meco Solar 5, S.L.

NIF: B70115852.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 16 de novembro de 2016.

5. Expediente nº: RL 2016/337-1.

Acta inf. nº: I152016000063129.

Empresa: Bernardo Lozano Herbas.

NIF: X6783792B.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 15 de decembro de 2016.

6. Expediente nº: RL 2016/338-1.

Acta inf. nº: I152016000056560.

Empresa: Trans Coruña, S.L.

NIF: B15743560.

Concello: Culleredo (A Coruña).

Materia: prevención riscos laborais.

Data da resolución: 13 de decembro de 2016.

7. Expediente nº: RL 2016/351-1.

Acta inf. nº: I152016000069795.

Empresa: Puertos y Amarres 97, S.L.

NIF: B76613157.

Concello: La Laguna (Santa Cruz de Tenerife).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 21 de decembro de 2016.

8. Expediente nº: RL 2016/373-1.

Acta inf. nº: I152016000072021.

Empresa: Pink Boar, S.L.

NIF: B70412150.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 27 de decembro de 2016.