Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da baixa da Asociación Sindical de Docentes por un Baremo Xusto nesta oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais, por disolución, depositada co número 2015-82-3-1.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, se procedeu a depositar a baixa da Asociación Sindical de Docentes por un Baremo Xusto, segundo acordo de disolución da asociación adoptado na asemblea xeral do 17 de decembro 2016.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán pertencer á devandita asociación sindical todos os profesores e profesoras do ensino público que estean en contra do baremo do CXT 2013 dos corpos docentes con independencia da súa ideoloxía, raza, sexo e condición sexual.

Asinan a acta: Iria Belén Sánchez Quintáns (presidenta) e Rubén Álvarez Silva (secretario).

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego