Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista para distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Guarda, promovida pola empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. (expediente IN627A 2016/25-0).

A respecto da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Guarda (Pontevedra), e ante as solicitudes presentadas en concorrencia por dúas empresas (Gas Galicia SDG, S.A. e Primagás Energía Distribución, S.A.), a Dirección Xeral de Enerxía e Minas resolveu, con data do 18 de xullo de 2016, o trámite de competencia a favor de Primagás Energía Distribución, S.A.U., o que implica continuar coa tramitación do procedemento de autorización administrativa unicamente con esta empresa.

Polo tanto, e para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Primagás Energía Distribución, S.A.U., con CIF nº A66470279 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Beethoven, nº 15, 7ª, 08021 Barcelona.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución que leva por título proxecto de autorización e execución de instalacións para distribución de gas natural canalizado mediante planta de GNL no termo municipal da Guarda (Pontevedra).

Descrición das instalacións:

Segundo consta neste proxecto, a subministración de gas natural realizarase desde a planta de GNL que se situará na parcela de referencia catastral 36023A015003160000UP, e que disporá das seguintes características xerais: capacidade de almacenamento de GNL de 110 m3; capacidade de regasificación de 2.000 m3 (N)/h; e presión de subministración de gas natural de 4 bar.

A rede de distribución proxectada, que se circunscribe ao núcleo urbano da Guarda, estará constituída por unha rede principal que partirá da citada planta de GNL (en diámetros de 200, 160 e 100 mm e MOP de 4 bar) e discorrerá ata a entrada da ERM (4/0,4 bar), e por unha rede secundaria que partirá da saída desta ERM e ramificarase polas distintas rúas do núcleo urbano (en diámetros de 200, 160, 110, 90 e 63 mm e MOP de 0,4 bar). A rede realizarase en tubaxe de polietileno PE 100 SDR 17,6 e terá unha lonxitude total de 22.311 m (3.207 m a rede principal e 19.104 m a rede secundaria).

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal da Guarda, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: un millón trescentos setenta e tres mil oitocentos sesenta euros con trinta e cinco céntimos (1.373.860,35 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio. Poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, andar 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Fernández Ladreda, 43, 5º, 36071 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas