Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/2441-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Tórculo Artes Gráficas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial do Río Tambre, vía Edison, 33-35, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto dobre liña de media tensión soterrada, e centro de manobra e seccionamento de compañía, CT de 400 kVA 20 kV/400 V para cliente.

Situación: polígono industrial do Río Tambre, vía Edison, 33-35, 15706 Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, con inicio na liña de distribución entre os centros de transformación 15CYX4 e 15CYX5, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1x240 mm2), lonxitude 65 m, e remate no CS proxectado.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación en edificio prefabricado próximo ao que alberga o CS, con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kVA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación 20 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxia e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107,110,114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña