Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 30 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas solicitantes, interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 542/I/16 e dous máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido do dito requirimento, advertíndoas de que, de non facerse así, se terán por notificadas cos efectos que se indican no anexo, logo de resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2017

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Documentación requirida

Efectos

Barros Fernández, Juan

671197B

542/I/16

DNI e padrón

Desistido

Castiñeira González, Amalia

32360679R

745/X/16

DNI e padrón

Desistido

Brañas García, María Carmen

32309681V

756/X/16

Padrón e convenio regulador

Desistido