Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6911

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2291/2016 MCR).

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 512/2015, Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Manuel Antonio Fernández Bouza

Avogado: Manuel Casal Fraga

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Flue, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo

Avogado: Pablo Torrado Oubiña

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2291/2016 MCR desta sección, seguido por instancia de Manuel Antonio Fernández Bouza contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Flue, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Antonio Fernández Bouza contra a sentenza de data 3.2.2016 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol no proceso promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo e entidade mercantil Flue, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Flue, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza