De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notíficase a Mª Dolores Bea Seco, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 34 do porto de Tragove, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.
Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, que intentou notificar ata en dúas ocasións ordes de desaloxo, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización da que dispuña, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.
O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.
O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.
De ser preciso o desafiuzamento será executado co auxilio das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.
Contra este acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia