1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: AB-EIC1-16-018.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario de hospitalización (camas e mesas de noite) destinado á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
c) Lotes: lote único.
d) CPA (referencia de nomenclatura): 32.50.30.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 331920000-2, 33192120-9 e 39143123-4.
f) Acordo marco (se procede): non.
g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.
h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.
i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG (24.8.2016), plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (24.8.2016).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).
4. Valor estimado do contrato:
Valor estimado do contrato sen IVE: 168.600 € (cento sesenta e oito mil seiscentos euros).
5. Orzamento base de licitación:
Orzamento sen IVE: 168.600 € (cento sesenta e oito mil seiscentos euros).
Orzamento con IVE: 204.004 € (doscentos catro mil catro euros).
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23.11.2016.
b) Data de formalización do contrato: 28.11.2016.
c) Contratista: Hill Rom Iberia, S.L (B62552732).
d) Importe de adxudicación:
Importe sen IVE: 141.930 € (cento corenta e un mil novecentos trinta euros).
Importe con IVE: 171.735,30 € (cento setenta e un mil setecentos trinta e cinco euros e trinta céntimos).
A Coruña, 17 de xaneiro de 2017
Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña