Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, relativa á execución da primeira fase (demolicións) das obras de rehabilitación do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa: 981 54 42 59/981 54 45 17.

5º. Fax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal.

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109592.

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2017 OBRDEM 01-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: primeira fase (demolicións) das obras de rehabilitación do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: rúa Pizarro, 22,

2º. Localidade e código postal: Vigo 36204.

e) Prazo de execución: 5 meses contados desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45110000-1 e outros máis. Véxase cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.923.277,84 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.657.525,31 €.

b) Importe total: 3.215.605,63 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: Real decreto 773/2015, do 28 de agosto: grupo C. Subgrupo 1. Categoría 5 ou Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro: grupo C. Subgrupo 1. Categoría D.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre nº 2 Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas, terá lugar ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, día e hora do segundo acto público, Lectura e avaliación do sobre nº 2 e da apertura do sobre nº 3 Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.S. (Artigo 11.1.a) do Decreto 72/2013; DOG núm. 91, do 14 de maio)
Nicolás Vázquez Iglesias
Vicesecretario xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza