1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa: 981 95 73 49/981 54 45 17.
5. Telefax: 981 54 42 39/981 95 76 00.
6. Correos electrónicos:
contratacion.vicepresidencia@xunta.gal
natalia.lobato.mosquera@xunta.gal
manuel.perez.gonzalez@xunta.gal
juan.pintos.martinez@xunta.gal
7. Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109732
8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.
d) Número do expediente: 2017-SESE 04-LU.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: prestación do servizo consistente na elaboración de diversos estudos e informes do complexo do antigo Hospital Xeral de Vigo destinado á futura sede da Cidade da Xustiza de Vigo.
O contido da prestación deste servizo comprenderá a elaboración dos seguintes estudos e informes:
– Estudo topográfico.
– Estudo sobre a caracterización das cimentacións existentes.
– Estudo xeotécnico das escavacións previstas.
– Estudo da estrutura e envolvente.
c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.
d) Lugar de execución: Vigo.
e) Prazo de execución: o indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV:
71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos.
71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura.
71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: no.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 120.000 €.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 120.000 €.
Importe total: 145.200 €, IVE incluído.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos y anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.
9. Apertura de ofertas.
a) Lugar: a sala onde se vaia a realizar indicarase no perfil de contratante unha vez publicado este anuncio.
b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar, ás 12.30 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.
O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura e avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C, «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil de contratante.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017
A secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.S. (Artigo 11.1 do Decreto 72/2013)
Nicolás Vázquez Iglesias
Vicesecretario xeral da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza