Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de adecuación de espazos públicos no contorno da capela de Escornabois en Trasmiras (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 46/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=62685

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: adecuación de espazos públicos no contorno da capela de Escornabois en Trasmiras (Ourense).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 171.433,23 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 171.433,23 euros. Importe total: 207.434,21 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 126.860,59 euros. Importe total con IVE: 153.501,31 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio