Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CT Ortoño, no concello de Ames (expediente IN407A 2015/267-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 6 de febreiro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/267-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT, CT Ortoño.
Concello: Ames.
Predio |
Lugar |
Titular proposto/a |
Incidencia |
Data do acto |
1 |
Santo |
Herdeiros de Eduardo Casilla Gil |
Notificación infrutuosa |
8.2.2017 |