Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: avenida do Parque, 11, baixo, 36540 Silleda.
Denominación: ampliación de potencia do CT Igrexa-Cervaña.
Situación: Silleda.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado en Igrexa, Cervaña, municipio de Silleda, a 100 kVA con RT 20 kV/400 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 26 de decembro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra