Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2016/686-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avenida do Parque, 11, baixo, 36540 Silleda.

Denominación: mellora e ampliación de potencia do CT Somoza-Olives.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: mellora e ampliación de potencia do centro de transformación situado na Somoza, Olives, municipio da Estrada, a 50 kVA con RT 20 kV/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edifico Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra