Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2017 polo que se notifica a proposta de resolución de declaración de incumprimento no contrato de obras de adecuación dos baños para residentes no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela e a incautación da garantía definitiva constituída.

En relación co expediente indicado ao final do presente anuncio, intentouse efectuar, sen efecto, a notificación á interesada, no último domicilio coñecido, conforme o establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ante este resultado infrutuoso e en cumprimento do establecido no artigo 44 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro, procédese a publicar o presente anuncio e, dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co previsto nos artigos 45 e 46 da mesma lei, o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica está á disposición, xunto co resto da documentación do expediente, na sede que se indica a seguir.

Para os efectos do cómputo de prazos do procedemento administrativo para a presentación de posibles alegacións ou recursos segundo proceda, a data de notificación é a do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1, Orde 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Expediente: 2006/05/213.

Nome/razón social: San Martín, S.A.

NIE/NIF: A-15060148.

Enderezo: Polígono Industrial Cruz das Cabezas, s/n, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Procedemento: proposta de resolución de declaración de incumprimento no contrato de obras de adecuación dos baños para residentes no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela.

Tipo de acto: notificación.

Oficina: Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).