Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo para as campañas de publicidade do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 7/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver as campañas 2017 e 2018 de información e promoción do PDR, que se deben levar a cabo en cumprimento das obrigas previstas na normativa comunitaria.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 416.000,00 €; IVE (21 %): 87.360,00 €. Importe total: 503.360,00 €.

Valor estimado: 416.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Medida 20 Asistencia técnica do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cunha participación do 75 % de fondos da Unión Europea, a través do Feader, nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, pero si conta coa clasificación grupo T, subgrupo 1, categoría 2, estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: (do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE 20.800,00 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 881 99 53 90 e 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=108786.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 14 de marzo de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas, do 24 de marzo de 2017. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: establécense condicións especiais de execución no apartado M do cadro de características do contrato.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural