No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da prestación do servizo de bar-cafetería no Pazo dos Deportes Paco Paz da Deputación Provincial de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outros recursos que se consideren procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).
Ourense, 30 de xaneiro de 2017
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense