Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7613

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Boimorto sobre as subvencións outorgadas en réxime non competitivo.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 23 de decembro do ano 2016, adoptou o acordo de aceptar a delegación de competencias para prestarlle servizos de control financeiro ao Concello de Boimorto do cal se procede a publicar o seu texto íntegro no Diario oficial de Galicia (DOG), para xeral coñecemento.

Primeiro. Aceptar a delegación relativa ao exercicio das funcións de control financeiro sobre as subvencións pagas en concorrencia non competitiva.

Segundo. Aceptar a delegación da instrución e resolución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados dos informes de control financeiro que se emitan en virtude da delegación anterior, así como a liquidación e recadación, tanto en período voluntario como en executivo dos ingresos de dereito público resultantes.

Para este efecto, resultarán tamén de aplicación a esta delegación as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.

Terceiro. Publicar o acordo, se é o caso, adoptado polo Pleno provincial, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicado o acordo, someterase a información pública durante un prazo de 30 días co obxecto de que se poidan presentar as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas, para o que estará á disposición dos interesados na Secretaría provincial.

De non se presentar reclamacións durante o período de exposición pública, entenderase aprobado definitivamente.

Cuarto. A delegación das competencias entrará en vigor unha vez sexa publicado o acordo definitivo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levará a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2017

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Mª Amparo C.Taboada Gil
Secretaria accidental da Deputación
Provincial da Coruña