Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra de saneamento na Pereira-Contrasto.

Por Decreto da Alcaldía do 13 de xaneiro de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 31/16).

2. Obxecto do contrato: obra de saneamento na Pereira-Contrasto.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000 € (123.966,96 € + 26.033,06 € en concepto IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 13 de xaneiro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa