Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de decembro de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 39/16).
2. Obxecto do contrato: subministración de material de farmacia para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto/acordo marco.
4. Orzamento base de licitación: 15.000 €/anuais. Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución 1 ano (posibilidade dunha prorroga).
5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pago do prezo.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 3 de xaneiro de 2016
Eva García de la Torre
Alcaldesa