Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da obra de saneamento en Alvarín.

Por Decreto de Alcaldía de data 13 de xaneiro de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 24/16).

2. Obxecto do contrato: obra de saneamento en Alvarín.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 112.412,56 € (92.902,94 € máis 19.509,62 € en concepto IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais desde o día seguinte a última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 13 de xaneiro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa