Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación do expediente sancionador MON-LU-0144/2016-ASV e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 6 de febreiro de 2017

O xefe territorial de Lugo
P.S.
Lucía Belver Quiroga
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0144/2016-ASV.

Interesado: José Luis Lozano Paz.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: MON-LU-0148/2016-FOR.

Interesado: Moisés Ferreiro López.

Acto notificado: acordo de incoación.