Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador MON-LU-0108/2016-ASV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 6 de febreiro de 2017

O xefe territorial de Lugo
P.S.
Lucía Belver Quiroga
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0108/2016-ASV.

Interesada: Estrella Méndez González.

Acto notificado: resolución.