Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2016/3027-1).

Expediente: IN407A 2016/3027-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT GRN-708 área recreativa de Seixedo.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea GRN-708, a 15 kV, cunha lonxitude de 73 m, coa orixe no apoio nº 45-1 existente no tramo de LMTA GRN-708 (expediente 70/13) que vai á derivada do CT Agramonte Agarimo (expediente 30.572) e CT Ponte (expediente 115/08), condutor tipo LA-56 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 45-2 proxectado no tramo de LMTA GRN-708 (expediente 70/13) que vai á derivada do CT Agramonte Agarimo (expediente 30.572) e CT Ponte (expediente 115/08).

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 120 m, coa orixe no paso aerosubterráneo proxectado nº 45-2 proxectado no tramo de LMTA GRN-708 (expediente 70/13) que vai á derivada do CT Agramonte Agarimo (expediente 30.572) e CT Ponte (expediente 115/08), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV. 1x240 mm2 AI e final no paso aerosubterráneo proxectado en apoio existente, no tramo de LMTA GRN-708 (expediente 70/13) que vai á derivada ao CT Agramonte Agarimo (expediente 30.572) e CT Ponte (expediente 115/08).

Desmontaxe tramo de liña de media tensión subterránea GRN-708, a 15 kV, cunha lonxitude de 102 m coa orixe no apoio de celosía existente nº 45-2 ata o apoio nº 45-2-1 de celosía.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña