Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8505

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3900/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3900/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 328/2016. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Celia Zas Iglesias

Avogado: Alejandro Navarro García

Recorridos: Fogasa, Paynaf Textil y Moda, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3900/2016 desta sección, seguido por instancia de Celia Zas Iglesias contra a empresa Fogasa, Paynaf Textil y Moda, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que con desestimación do recurso interposto por Celia Zas Iglesias, confirmamos a sentenza que o 16 de xuño de 2016 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, e pola que se admitiu en parte a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paynaf Textil y Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza