Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1361/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1361/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundacion Laboral de la Construcción contra Excavaciones Casais, S.L.U. sobre ordinario, se ditou resolución do 21.6.2016 contra a cal non cabe interpoñer ningún recurso; fagáselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Casais, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza