Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9095

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3416/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3416/2016

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 119/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ihor Yaremchuk

Avogada: Raquel Dios Almeida

Recorridos: Fogasa, Fachadas Aifer, S.L.

Avogado/a: Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3416/2016 desta sección, seguido por instancia de Ihor Yaremchuk contra Fogasa e Fachadas Aifer, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña o 1 de febreiro de 2017.

O anterior escrito subscrito pola letrada Raquel Dios Almeida, en nome e representación de Ihor Yaremchuk, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Fachadas Aifer, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza