Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.

Comunícase que está aberto o prazo para solicitar prazas de posibles interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario nas especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.

Primeiro. Titulacións requiridas

– Profesores de ensino secundario:

Disciplina

Titulacións requiridas*

590002-Grego

• Licenciado en Filoloxía Clásica.

• Grao en Filoloxía Clásica.

• Calquera titulación universitaria superior e ter superado un ciclo dos estudos conducentes á obtención das titulacións superiores enumeradas.

590002-Latín

• Licenciado en Filoloxía Clásica.

• Grao en Filoloxía Clásica.

• Calquera titulación universitaria superior e ter superado un ciclo dos estudos conducentes á obtención das titulacións superiores enumeradas.

590124-Sistemas electrónicos

• Licenciado en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

• Enxeñeiro en:

– Aeronáutica.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánico.

– Telecomunicacións.

• Diplomado en Radiolectrónica Naval.

• Enxeñeiro técnico en:

– Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

– Industrial, especialidade en Electricidade ou en Electrónica Industrial.

– Informática de Sistemas.

– Telecomunicacións.

• Grao en:

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría da Enerxía.

– Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría Electrónica.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Física.

– Náutica e Transporte Marítimo (E. Náutica e Transporte Marítimo).

– Tecnoloxías Mariñas (E. Mariña).

590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos

• Licenciado en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

• Enxeñeiro en:

– Aeronáutica.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánico.

– Telecomunicacións.

• Diplomado en Radiolectrónica Naval.

• Enxeñeiro técnico en:

– Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

– Industrial, especialidade en Electricidade ou en Electrónica Industrial.

– Informática de Sistemas.

– Telecomunicacións.

• Grao en:

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría da Enerxía.

– Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría Electrónica.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Física.

– Naútica e Transporte Marítimo (E. Náutica e Transporte Marítimo).

– Tecnoloxías Mariñas (E. Mariña).

– Profesores técnicos de formación profesional:

Disciplina

Titulacións requiridas*

591206-Instalacións electrotécnicas

• Licenciado en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

• Enxeñeiro en:

– Aeronáutica.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánico.

– Telecomunicacións.

• Diplomado en Radiolectrónica Naval.

• Enxeñeiro técnico en:

– Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

– Industrial, especialidade en Electricidade ou en Electrónica Industrial.

– Informática de Sistemas.

– Telecomunicacións.

• Grao en:

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría da Enerxía.

– Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría Electrónica.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Física.

– Naútica e Transporte Marítimo (E. Náutica e Transporte Marítimo).

– Tecnoloxías Mariñas (E. Mariña).

591210-Máquinas servizos e produción

• Licenciado en:

– Máquinas Navais.

– Náutica e Transporte Marítimo

– Radioelectrónica Naval.

• Enxeñeiro:

– Agrónomo.

– Aeronáutico.

– Camiños, Canais e Portos.

– Xeodesia e Cartografía.

– Industrial.

– Materiais.

– Minas.

– Montes.

– Naval e Oceánico.

• Diplomado en:

– Máquinas Navais.

– Navegación Marítima.

• Enxeñeiro técnico:

– Naval, especialidade Estruturas Mariñas ou en Propulsión e Servizos do Buque.

– Aeronáutico, especialidade Aeromotores, ou Aeronavegación, ou Aeronaves ou en Equipos e Materiais Aeroespaciais.

– Agrícola, especialidade en Mecanización e Construcións Rurais.

– Forestal, especialidade en Industrias Forestais.

– Industrial, especialidadeElectricidade ou Mecánica.

– Minas, especialidades en Explotación de Minas, ou en Instalacións Electromecánicas Mineras, ou en Mineralurxia e Metalurxia, ou en Recursos Enerxéticos ou en Combustibles e Explosivos.

– Obras Públicas.

• Grao en:

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría Aeroespacial.

– Enxeñaría Agraria

– Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.

– Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

– Enxeñaría Civil.

– Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias.

– Enxeñaría de Materiais.

– Enxeñaría de Obras Públicas.

– Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Aeroespaciais.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Enxeñaría Radioelectrónica Naval.

– Enxeñaría Xeomática e Topografía.

– Naútica e Transporte Marítimo (E. Náutica e Transporte Marítimo).

– Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

– Tecnoloxías Mariñas (E. Mariña).

591212-Oficina de proxectos de construción

• Arquitecto.

• Enxeñeiro:

– Camiños, de Canais e Portos.

– Industrial.

– Materiais.

– Naval e Oceánico.

• Arquitecto Técnico.

• Enxeñeiro Técnico en:

– Agrícola, Especialidad en Mecanización e Construcións Rurais.

– Industrial.

– Obras Públicas.

– Topografía.

• Grao en:

– Arquitectura Naval.

– Arquitectura Técnica.

– Enxeñaría de Edificación.

– Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Estudos de Arquitectura (Arquitectura).

– Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

– Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.

– Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

– Enxeñaría Civil.

– Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias.

– Enxeñaría de Materiais.

– Enxeñaría de Obras Públicas.

– Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Química Industrial.

– Enxeñaría en Xeomática e Topografía.

– Enxeñaría Mecánica.

591218-Perrucaría

• Técnico superior en:

– Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa.

– Estilismo e Dirección de Peiteado.

– Asesoría de Imaxe Persoal.

– Técnico Especialista en Peiteado.

*Nota. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes, para os efectos de docencia, as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

Segundo. Requisitos

1. Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar o cónxuxe, os descendentes e os descendentes do cónxuxe, tanto dos cidadáns españois como dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou de Estados en que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados polo Estado español, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores cando así o prevexa o correspondente tratado, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que os cónxuxes non estean separados de dereito e, con respecto aos descendentes, sexan menores de vinte e un anos ou maiores desta idade pero vivan a cargo dos seus proxenitores.

2. Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.

3. Estar en posesión das titulacións que se especifican no punto primeiro deste anuncio. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro (Boletín Oficial del Estado do 4 de marzo), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, ben como a determinados aspectos da profesión de avogado (Boletín Oficial del Estado do 20 de novembro).

4. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e, polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

5. Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

• Estar en posesión do título de profesional de especialización didáctica, do certificado de aptitude pedagóxica ou do certificado de cualificación pedagóxica.

• Estar en posesión do título de mestre, diplomado en profesorado de educación xeral básica, mestre de ensino primario, licenciado en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estarán exentos os que estivesen cursando algunha das anteriores titulacións e cursasen 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

• Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

6. No caso de presentarse cunha titulación de técnico superior ou técnico especialista, deberá estar en posesión e presentar a certificación oficial do título de formación pedagóxica e didáctica equivalente ou acreditar que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, impartiu docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, doce meses en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas correspondentes reguladas na Orde EDU 2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.

7. Acreditación do coñecemento de lingua galega.

A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita polo órgano competente, o título de licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, o certificado do nivel avanzado da Escola Oficial de Idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

Terceiro. Solicitudes e prazo de solicitude

Deberá facerse unha instancia de solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse.

O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario antes de ser certificada.

Cuarto. Importe e pagamento dos dereitos de inscrición nas listas (código 30.03.01).

Os dereitos de inscrición nas listas serán de 16,98 euros.

Estarán exentos do pagamento, logo de xustificación documental:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O pagamento da taxa poderase efectuar de dous xeitos diferentes:

• A través do impreso de autoliquidación –A ou AI–, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

• De forma telemática, no enderezo: http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/pagamentos/taxas-e-prezos, podendo optar por un pagamento telemático puro que xeraría un modelo 730 directamente ou un pagamento telemático presencial que xeraría un modelo 739, irían ao banco e logo teríase que retomar a operación na oficina tributaria virtual (OTV) para xerar o modelo 730.

Os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante de pagamento de taxas nas fases correspondentes son os modelos A, AI e 730.

A non presentación deste anexo, dentro de prazo, en que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a súa presentación suporá substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

Quinto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado).

Sexto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Sétimo. Orde

Os candidatos seleccionados terán un número de orde posterior ao do persoal interino/substituto da mesma especialidade que foi seleccionado en convocatorias anteriores.

Oitavo. Baremo

O baremo, de acordo coa adenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 31 de xullo de 2013, Diario Oficial de Galicia do 12 de agosto), será o publicado na fase de concurso da Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril).

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos