Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/117-2, 8426 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2. Lugo.

Denominación: liña de media tensión soterrada e centro de seccionamento para Instituto Nacional de Estatística NS 45127.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kv con orixe na LMT soterrada existente dirección CT Praza de Avilés, entra e sae no CS proxectado e remata no CT Xacobe 3 existente, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. CS en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con interruptor automático.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo